C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

1 abr 2014

A CAMISETA DO 50 ANIVERSARIO Á VENDA!!!



Debido a unha enchente de peticións decidimos poñer á venda a camiseta oficial ADIDAS que luce esta temporada o C. D. BAIO para celebrar o seu 50 Aniversario como club federado.


Non te preocupes que dispoñemos de TODAS AS TALLAS (desde para nenos de 6 anos ata a XXL).


Hai tres prezos diferentes dependendo do equipada que a queiras:

a)  BÁSICA (cos dous escudos e publicidade):  40 Euros.
b)  NUMERADA (Básica + número no lombo): 43 Euros.
c)  PERSONALIZADA (Numerada + nome):     45 Euros.

COMO CONSEGUILA? Para facerte con unha tes que mandar unha mensaxe privada ao FACEBOOK do Baio (Cdbaio Baio) ou solicitala na cantina do campo, indicando a talla e cal das tres modalidades escolles (e no seu caso número e nome que desexes poñerlle). As camisetas só se encargarán previo pago. O prazo para pedila finaliza o 1 de maio.

CHÁNDAL 50 ANIVERSARIO

Tamén está á venda o chándal LUANVI do 50 Aniversario. Ponte tamén en contacto con nós para conseguilo.
O seu prezo son 30 Euros e dispoñemos das tallas S, M e L.



No hay comentarios:

Publicar un comentario