C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

9 abr 2014

HOMENAXE A TODOS OS PRESIDENTES DO C.D. BAIO

DOMINGO 13 DE ABRIL, 16:45 HORAS, NO PLATAS REINOSO

O próximo domingo a Comisión do 50 Aniversario quérelle render unha homenaxe a todos os que foron presidentes do C. D. Baio nos seus cincuenta anos como club federado. A razón da escolla desta data está en que o 12 de abril se cumpren eses 50 anos do primeiro partido da Liga da Costa, que tivo como protagonista ao club baiés. O Baio xogou o 12 de abril de 1964 no campo do Laxe o primeiro encontro oficial, e un dos seus xogadores, Pepe de Agosto (Agosto I), tivo a honra de ser o autor do primeiro gol desta xa histórica competición, ao marcar no primeiro minuto deste partido, aínda que ao final o Baio acabaría perdendo (3-1).
Nos prolegómenos do partido Baio-Villestro do vindeiro domingo, esta Comisión quere que os que tiveron a honra e o traballo de dirixir este club vexan recompensados os seus esforzos co aplauso e recoñecemento dos socios e seguidores baieses. Con tal motivo foron convocados eses 16 presidentes (ou familiares no caso dos ausentes) a participar deste sinxelo pero emotivo acto.

Os dezaseis heroes son os seguintes:

  1- MANUEL PÉREZ MAROÑO (1963-64 e 1975-76)
  2- JOSÉ Mª LEMA DE LA IGLESIA (de 1964-65 a 1968-69 e de 1970-71 a 1973-74)
  3- JESÚS RIAL PAZ (1969-70)
  4- JOSÉ LUIS LÓPEZ GONZÁLEZ (1974-75)
  5- JOSÉ DÍAZ CASTRO (1976-77)
  6- SANTIAGO ROMERO BUDIÑO (1977-78, 1979-80, 1980-81 e 1995-96)
  7- JOSÉ MIRA REY (1978-79, de 1983-84 a 1985-86 e 1987-88)
  8- JULIO DÍAZ RELLÁN (1981-82 e 1988-89)
  9- ÓSCAR LEMA SOUSA (1986-87 e 2008-09)
10- MANUEL GÓMEZ AMEIJEIRAS (1987-88)
11- JOSÉ MUÍÑO ESPASANDÍN (1989-90 e 1990-91)
12- JOSÉ RAMÓN TOURIÑÁN CHANS (de 1991-92 a 1994-95)
13- JOSÉ RODRÍGUEZ EIROA (de 1995-96 a 1997-98)
14- FAUSTINO ESPASANDÍN RIAL (1998-99, 1999-00, 2003-04 e 2004-05)
15- JESÚS R. SOUTO GARCÍA (de 2000-01 a 2002-03 e de 2005-06 a 2007-08)
16- DIEGO DÍAZ ROMERO (de 2009-10 a 2012-13)

A nosa admiración a todos eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario